gipuzkoakultura.net

Logo de la Diputación Foral de Gipuzkoa
Logotipo gipuzkoakultura
Jueves 14 noviembre 2024
Castelao
GIPUZKOAKULTURA.NET > GUÍAS DE LECTURA > CASTELAO
PRESENTACIÓN DE CASTELAO EN GALEGO

Volver



Alfonso Daniel Rodríguez
CASTELAO
(1886-1950)


Galicia no albor do seculo XX

“En Galicia non se protesta, emígrase”, escribiu Castelao ao pé dunha das suas estampas. Galicia chega ao século XX sen ter resolto o seu máis grave problema, os galegos deixan a terra para buscar fortuna nas Américas. Galicia é un país agrícola e pesqueiro, as terras sofren o imposto dos “trabucos”, os caciques son o instrumento da administración, e eles son os que fan a política, sempre ás ordes de Madrid.

Emporiso, a literatura galega, calada dende a Idade Meia, surxe con forza no fin do século dazanove, con duas grandes figuras: Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez. Mentres Pardo Bazán, Valle Inclán, Fernández Flórez e outros escritores expresan a sua galeguidade en castelán, Castro e Curros optan pola língua dos labregos e mariñeiros, dánlle rango de cultura e elevan o nivel do lector galego, interesando ás clases cultas das vilas. Mais a grande masa de galegos é analfabeta na súa língoa.

danos


A Xeración Nós

Nos anos da dictadura de Primo de Rivera foi formándose en Galicia unha importante élite de intelectuais galegos (Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antón Losada Diéguez, Alfonso R. Castelao...) que, seguindo a tradición dos Curros e Castro, traballando sempre na língua-nai, pretenderan crear unha cultura nacional universal. Deste xeito, no entorno da revista Nós, voceira da xeración, foron feitas traducións, estudos e criacións literarias que hoxe constituen a base da moderna cultura galega e da súa literatura. Ista foi tamén a ideia estética de Castelao: chegar ó universal dende o particular, unha constante na súa obra gráfica e literaria.

Castelao

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en 1886 no pobo pesqueiro de Rianxo, na Coruña, nunha familia de mariñeiros pobres. Sendo neno marchóu co seus pais para a Pampa, andaina que marcóu os seus primeiros relatos. Cinco anos máis tarde volve a Galicia, estudia o bacharelato, e despois entra na facultade de medicina. “Fíxenme médico por amor á meu pai, e logo dexéi a medicina por amor á humanidade”, dixo sempre Castelao. É que a súa verdadeira vocación está no dibuxo, na caricatura, na pintura. Teoriza sobre a caricatura e expon en Madrid e Ourense. Cando máis perto ten o éxito, sufre desprendemento de retina. A vista será un gran problema até a súa morte.

ollo

A madurez artística e literaria de Castelao coincide cos anos da ditadura primoriverista e cos da República. Pubrica entón a maior parte da sua obra literaria (Os relatos breves de Retrincos, os cadros de Cousas, o relato Un ollo de vidrio, a novela Os dous de sempre), e recolle o mellor da súa obra gráfica no album Nós, percorrendo toda Galicia coa exposición das estampas que o fan aínda máis célebre. Nelas mostra a tristura do emigrado, a rabia do labrego pobre, a avaricia do cacique... Castelao é un gran humorista e un gran humanista. O seu arte está ao servizo da causa galegista nunha calidade que supera todo partidismo.

Chega a II República Española, e Castelao, sempre disposto a axudar na mellora da condición dos seus paisanos, entra plenamente na actividade política. Diputado ás Cortes de Madrid, defende valentemente a língoa galega e o Estatuto de Galicia . Solidarízase cos vascos e cataláns, e no libro de visitas da Casa de Xuntas de Gernika asina en 1933: “Identificados vascos, catalanes y gallegos, ante el problema de liberación de nuestros respectivos pueblos, sellamos hoy bajo el árbol de Gernika el pacto de mutua solidaridad que ha de traernos la satisfacción de aquel anhelo.”

O alzamento feixista de 1936 leva a Castelao ao exílio. En América continua o seu labor a prol de Galicia e a República. Percorre a URSS, USA, Cuba e México dando falas e mítines coma líder do galeguismo. Dibuxa os álbumes Galicia Mártir, Milicianos, Atila en Galicia mostrando a barbarie franquista, e unhas fermosas Estampas de Negros. Escribe tamén a farsa Os vellos non deben de namorarse, pero a súa gran obra deste período é Sempre en Galiza, imprescindíbel para comprender o nacionalismo galego, e chamada “a Biblia do galeguismo”. Facendo un percorrido pola historia e a cultura de Galicia, Castelao sustenta que a auténtica e plena libertade refírese tanto ao home como aos pobos, e que toda nación ten dereito á autodeterminación.

Castelao tivo moita amizade con Agirre e con Irujo, e foi un fervente impulsor do pacto Galeuzca entre vascos, cataláns e galegos, asinando algúns dises proxectos trinacionais. Morreu na Arxentina en 1950 e os seus restos repousan en Compostela.

Castelao hoxe

Coma dí o escritor galego Manuel Rei Romeu, Castelao representa unha excepcional conxunción de artista xenial, escritor sublime e eximio patriota, facetas todas elas interrelacionadas nunha persoalidade complexa, que debe ser interpretada á luz da súa integridade. Para a cultura galega Castelao simboliza, aínda hoxe, a un dos seus artífices imprescindíbeis, e para o nacionalismo galego supón e supuxo sempre unha obrigada referencia. Isto é verdade, mais non é toda a verdade. Non somentes os galegos, todos os pequenos pobos asoballados da terra, todos os homes e mulleres que aspiran á un mundo mais xusto teñen verdadeiros exemplos de traballo e solidaridade na obra artístico-literaria e na singladura política de Castelao, o galego universal.

ex

 

Volver

Licencia Creative Commons. Pulse aquí para leerla
2007 Departamento de Cultura, Juventud y Deporte - Diputación Foral de Gipuzkoa
Para conectar con nosotros mediante skype pulse aquí
Logotipo Gipuzkoa.net. Pulsar para ir a la página de Gipuzkoa.net